Archivos de la categoría Uncategorised

Matrícula 2021/22

 Admisión de alumnos

O prazo de admisión de matrícula para o alumnado de nova incorporación é do 1 ao 22 de marzo do 2021.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2021/22 PARA 2º CICLO E. INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO

Achegamos a información referente aos procedementos de admisión e matrícula nos centros públicos e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para:  Educación Infantil (de 3 a 6 anos),  Primaria e Secundaria.  Esta información pódese consultar  no portal da Xunta de Galicia:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

NORMATIVA REGULADORA
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
  • A solicitude, mediante o impreso (ED550B) que se facilitará no centro ou se pode descargar aquí  (Solicitude de Matrícula: ED550B-G_2021_2022).
  • Fotocopia do DNI/NIE/Pasaporte do alumno e dos seus proxenitores.
  • Fotocopia do Libro de familia.
  • Certificado de matrícula do curso actual 2020/2021.
  • En caso de separación ou divorcio, a resolución xudicial correspondente.

*As instancias presentadas entre o 23 de marzo do 2021 e 18 de maio de 2021, ambos incluídos, serán consideradas solicitudes FÓRA DE PRAZO.

O Calendario de publicación das listaxes son:

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 23 de abril de 2021.
  • Reclamación das listaxes provisionais : 9, 10 e 11 de xuño.
  • Publicación das listaxes definitivas: 14 de maio de 2021

 

O período de formalización da matrícula  para o curso 2021/22 é o seguinte:

  • Educación Infantil e Educación Primaria do 20 xuño ao 30 de xuño.
  • Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • O período de matriculación extraordinario para ESO  será do 1 ao 10 de setembro do 2021.