As actividades extraescolares realizaranse os xoves pola tarde de 15:00 a 17:00. As actividades extraescolares estarán suxeitas a modificacións en función da demanda dos futuros alumnos e os propios matriculados no centro.
ACTIVIDADES | ||
Ximnasia rítmica (1º e 2º de primaria) | Son numerosos os seus beneficios como o aumento da flexibilidade, o desenvolvemento da lateralidade, equilibrio e coordinación de movementos entre outros moitos. | |
Taekwondo | Arte marcial que destaca por a variedade e espectacularidade das súas técnicas de patadas e, actualmente, é un dos deportes de combate máis coñecidos. A práctica continua axuda a mellorar a saúde en xeral, e condiciona de forma axeitada os reflexos, mellorando o tempo de reacción. | |
Baile e danza moderna | Actividade basada nun conxunto de movementos ao ritmo da música na que se realiza todo tipo de bailes: zumba, hip-hop, aeróbic, baile moderno,… | |
A maxia das Ciencias | Actividade na que aprenderán a facer experimentos dunha maneira lúdica a través de xogos, historias, vídeos,… | |
Fútbol sala | Variante do fútbol; deporte colectivo no que se fomenta o xogo en equipo e participativo dentro dun marco lúdico-deportivo. | |
Natación | Nesta actividade melloran o seu movemento e desprazamento a través da realización de exercicios motrices na auga. | |
Manualidades | Ideal para desenvolver a concentración e diminuir o estrés, incluso serven para contribuír ao medio ambiente con manualidades recicladas. |