Historia

PNG

O Colexio CPR  Plurilingüe Vila do Arenteiro cuxa titularidade é a Sociedade Cooperativa Galega Vila do Arenteiro, foi fundado en maio de 1986, iniciando a súa actividade o día 20 de setembro do mesmo ano. Xurdiu dun soño esperanzador dun grupo de mestres e mestras cun obxetivo común: facer dese soño a realidade que comezou a súa andaina con 300 alumnos e 10 mestres.

Atópase emprazado nunha paraxe, o monte de Corzos, de singulares expectativas urbanísticas, cun contorno dominado por edificacións unifamiliares e abundante natureza, no límite entre os Concellos de Maside e O Carballiño.

Plantexamos dende o principio unha ensinanza moderna, integradora, de respecto pola natureza e con servizos globais, dende a Escola Infantil ata a ESO, con comedor, transporte por toda a comarca e unha grande variedade de actividades extraescolares. O noso plan de futuro e manter e consolidar o conseguido ata agora, isto só é posible cun equipo de bos profesionais que día a día vaian gañando a confianza dos pais e nais e dos alumnos/as coa súa dedicación e bo facer.