Infantil

As actividades extraescolares realizaranse os xoves pola tarde de 15:00 a 17:25. As actividades extraescolares estarán suxeitas a modificacións en función da demanda dos futuros alumnos e os propios matriculados no centro.

ACTIVIDADES

Iniciación ao deporte Esta actividade da a posibilidade de iniciarse en varios deportes. Trátase de conseguir que os rapaces adquiran una serie de habilidades motrices básicas a través de diferentes deportes. As habilidades básicas son: desprazamentos, saltos, xiros, pases, botes e recepcións.
Wu Shu Iniciación á arte marcial china. Trátase de conseguir a coordinación necesaria para practicar con eficiencia as diferentes técnicas de iniciar aos coñecementos básicos da defensa persoal e de conseguir que o neno/a valore positivamente a actividade deportiva.
Música en movemento Actividade na que os rapaces fan un primeiro achegamento ao mundo da música (aprendizaxe do ritmo, entonación e coordinación). O obxectivo é a familiarización dos rapaces con todos os estilos musicais mediante a escoita activa, coñecemento de distintos instrumentos, dos seus tons e sons e dos nomes.
Obradoiro de manualidades Nesta actividade desenvolven a imaxinanción e destreza para crear distintos obxectos. Aprenderán a traballar con material de refugallo e coñecerán distintas texturas coas que poder traballar.
Multiactividade Actividade que consiste nun rotativo mensual de: xogos populares, cancións, predeporte, música e movemento, plastidibu, contacontos, relaxación…
Natación Nesta actividade melloran o seu movemento e desprazamento a través da realización de exercicios motrices na auga.

Ximnasia Rítmica

Son numerosos os seus beneficios como o aumento da flexibilidade, o desenvolvemento da lateralidade, equilibrio e coordinación de movementos entre outros moitos.