O centro aséntase nun barrio novo próximo ao centro urbano, lugar de residencia dunha poboación maioritariamente de clase media, aínda que tamén hai alumnos procedentes da comarca (zona rural). Cun entorno natural de 12.000m² dos cales o edificio ocupa en planta 2.000m². Repartida en varios bloques; parte de Educación Primaria, edificio de Educación Infantil e de Escola Infantil, ximnasio e pavillón. Todos estes edificios están unidos entre si e todos teñen una soa planta agás o de Educación Secundaria e as aulas de Educación Especial que están no segundo andar.
Para saber como chegar prema aquí.