PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2022/23
Achegamos a información referente aos procedementos de admisión e matrícula nos centros públicos e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para: Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Primaria e Secundaria. Esta información pódese consultar no portal da Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Normativa relacionada
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
PRAZOS
Os prazos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado son os que se indican a seguir:
1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/2023, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “V” e “U”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “A” e “Z”.
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4. Presentación da solicitude de admisión: 1-21 de marzo.
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
9. Formalización da matrícula en ESO: 25 de xuño-10 de xullo.
Solicitude de Admisión de matrícula para novo alumnado
Prazo aberto: do 1 ao 21 de marzo do 2022
A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos
membros da unidade familiar no anexo II bis.
As persoas solicitantes poderán:
– Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).
-As familias poderán cumprimentar as solicitudes de matrícula de xeito manual solicitando o impreso en dirección o ou descargando aquí Anexo II e Anexo II Bis.
Documentación para achegar á solicitude:
- Fotocopia do libro de familia ou similar.
- Fotocopia do DNI dos proxenitores e do alumno/a.
- Sentenza de separación ou divorcio, se é o caso.
- Foto tipo carnet do alumno/a.