Outros servizos

AUTOBÚS

Ofertarase o servizo de transporte escolar os nenos da aula de 2-3 anos da Escola Infantil, coincidindo co horario escolar.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS 

Impártese dentro do currículo educativo da Escola Infantil e axeitado a cada unidade obradoiros (manualidades, danza, inglés, música, teatro…); ademáis celébranse as festas estacionais e as tradicionais (magosto, samaín, nadal, entroido, etc) así como día das letras galegas, día da paz… Ademais, organízanse saídas ao exterior axeitadas a cada idade.

GABINETE PSICOPEDAGÓXICO

A Escola Infantil conta coa colaboración de Logopeda e Traballadora Social, pertencentes á Sociedade Cooperativa Vila do Arenteiro, para a realización de distintas tarefas: detección, seguimento e tratamento de problemas da linguaxe, axudas, becas, cheque infantil, información social, recursos, etc.