O proceso de adaptación trátase do conxunto de fases sucesivas polas que a nena/o chega a acomodarse a un medio novo, que non é coñecido nin habitual. É un intervalo temporal que precisa para asimilar os cambios producidos na súa vida, contorno e ambiente ao incorporarse a scola Infantil, o que vai suponer tamén a primeira separación das figuras de apego.
Hai que outorgarlles aos nenos/as o tempo preciso para adaptarse progresivamente as distintas situación. Compre saber que cada neno/a é singular e que non be comparacións entre eles.
Cando a persoa acompañante se retira non debe prolongar a despedida máis do necesario e ten que recordarlle a nena/o que despois irá recollela/o para que teña una referencia.
Nós establecemos un PERIODO DE ADAPTACIÓN dunha semana; os nenos/as asistirán a Escola Infantil un máximo de 2 horas diarias e os seus país estarán localizables para vir recollelos/as se fose necesario.
Este periodo de adaptación será GRATUITO.