Proceso de Admisión de Alumnos/as para o curso 2016/2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo oficial o prazo de solicitude de inscrición dos ALUMNOS QUE ENTRAN NOVOS NO COLEXIO para E. Infantil, Primaria e ESO comprende dende o 1 ao 29 de marzo de 2016.

Poden recoller os impresos no centro ou na páxina Web do colexio.

A normativa sobre admisión de alumnos está regulada polas seguintes disposicións:

  • Decreto 254/2012 , do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado.
  • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

Para a solicitude de admisión en calquera centro docente sustentado con fondos públicos teñen que ter en conta:

 1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Se se quere formalizar a matrícula neste centro é necesario que xunto co impreso de admisión do alumnado acheguen:

  • Unha foto do alumno/a
  • Fotocopia do DNI do alumno/a, pais ou titores legais
  • Fotocopia do libro de familia
  • No caso de separación ou divorcio unha copia da sentenza xudicial
  • No caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar unha fotocopia que o acredite.

No caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles, seguirase segundo a lexislación vixente o baremo que propón a Xunta de Galicia. O centro neste caso solicitaralle máis documentación no prazo de 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Como criterio deste centro o baremo é dun punto a circunstancia de que algún familiar do alumno/a estudara neste centro.

pdf   Listado provisional  matrícula 2016/2017

     Decreto polo que se regula a Admisión do Alumnado (DOG)

      Orde de Admisión

    Anexo II. Admisión do Alumnado

     Vacantes