Subvención para aulas dixitais

Neste curso somos beneficiarios dunha subvención para dixitalizar unha aula do noso colexio, por unha cuantía de 2800€. Dita subvención ten por obxecto dotar as aulas dos centros privados sostidos con fondos públicos, dos medios dixitais apropiados para o ensino e aprendizaxe en calquera modalidade: presencial, a distancia e mixta, no marco do Plan nacional de recuperación, transformacón e resiliencia.

As bases para o  regulamento  desta subvención é a ORDE do 11 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento ED301K).

Financiado con fondos NextGeneration da Unión Europea