Campamento de verán Vila do Arenteiro
Xullo 2026

Colexio Plurilingüe Vila do Arenteiro, no concello de O Carballiño, conta cunhas amplas e cómodas instalacións rodeadas de natureza. É un espazo óptimo para a realización de todo tipo de actividades de ocio. Este campamento está dirixido a rapaces de 3 a 10 anos.

Datas da celebración

Do 29 de xuño  ao 31 de xullo do 2026.

Prazo de inscrición : do 15 de abril ao 23 de xuño

Que pretendemos?

Fomentar o respecto polo medio ambiente e ter un contacto directo coa natureza.

Promover a creatividade e aprender novos xogos, talleres, deporte e normas.

Favorecer o desenvolvemento e a autonomía persoal.

Incrementar os valores de respecto e tolerancia.

Como o facemos?